Skip to main content

A USC recoñece o alumnado de ensino medio coas mellores notas en Selectividade

A USC recoñece o alumnado de ensino medio coas mellores notas en Selectividade
A USC recoñece o alumnado de ensino medio coas mellores notas en Selectividade

Os 342 estudantes cunha cualificación mínima de 9 na parte xeral das Probas de Acceso a Universidade de xuño reúnense este venres 5 en Compostela convocados pola Universidade de Santiago. O acto, no que a USC quere recoñecer o esforzo do alumnado galego nestas probas que permiten o acceso á Universidade, ten lugar ás 18.00 horas no Auditorio de Galicia. Os 342 estudantes –142 homes e 200 mulleres– pertencen a 147 centros de Ensino Medio de Galicia. A maior parte (157) son da provincia da Coruña, seguidos por Pontevedra (97), Lugo (51) e Ourense (37). Por concellos, os que teñen maior número de estudantes non seus centros con nota superior a 9 nas PAAU son, por orde, A Coruña con 65, Vigo con 51, Santiago de Compostela con 41, Lugo con 34, Ourense con 30, Pontevedra con 16, Ferrol con 9, Teo con 6, Vilagarcía e Carballo con 5, e Ames con 4. Séguenlle, con 3 estudantes, os centros dos concellos da Estrada, Lalín, Monforte, Mos, Narón, Noia, Poio e Pontedeume. Con dous estudantes figuran O Barco de Valdeorras, Brión, Burela, Cee, Celanova, Cervo, Chantada, Culleredo, Foz, Oleiros, Vilalba e Vilanova de Arousa. Cun estudante entran na lista dos mellores expedientes centros de Allariz, Arzúa, Betanzos, Boiro, Caldas de Reis, Cambre, Cangas, A Cañiza, Fene, Gondomar, O Grove, A Guarda, Laracha, Meira, Moaña, Monterroso, Ordes, Porriño, Redondela, Ribadeo, Ribeira, A Rúa, Sada, Sanxenxo, Sarria, Tui, Xinzo de Limia e Zas. Tres estudantes de Lugo, os mellores Este ano as tres mellores cualificación correspondéronlle a estudantes de centros da cidade de Lugo, sendo a primeira (e o terceiro) alumna do IES de titularidade pública Nosa Señora dos Ollos Grandes. Nos dez primeiros postos figuran ademais dous estudantes de centros de Pontevedra, dous de Ourense, dous de Poio, un de Burela e outro de Vigo. Máis de 1.000 asistentes O acto presídeo o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet, e nel interveñen a futura alumna de Medicina da USC Andrea Buján López, do CPR San José de Lugo; o director do IES A Paralaia de Moaña, Ramón Eixo Blanco; e o alcalde do Concello de Santiago, Ángel Currás. Os estudantes acoden acompañados dos seus familiares e responsables e titores dos centros educativos, contabilizándose máis de 1.000 asistentes a este acto que conta coa colaboración do Concello de Santiago, o Consello Social da USC, o Consorcio da Cidade de Santiago, Decathlon e Cocacola.

The contents of this page were updated on 07.05.2013.