Skip to main content

O XVII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia coñécese este mércores na USC

O gañador do XVII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia coñecerase este mércores 17 nunha rolda de prensa a desenvolver ás 11:00 na sala de prensa do Colexio de Fonseca. Participarán no encontro cos medios o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long; o presidente do Grupo Compostela de Universidades, Maurits van Rooijen; a subdirectora xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica da Xunta de Galicia, María Jesús Tallón Nieto; e o premiado, que anunciará a entidade benéfica á que doa a suma monetaria do premio. O galardón, que recoñece a promoción do ideal común europeo, a educación e a preservación do patrimonio cultural, concedeuse en anteriores edicións ao Colexio de Europa, Neelie Kroes, Mohamed ElBaradei, Amin Maalouf, Canal Arte, Manuel Castells Oliván, Helsinki Group of Women and Science, Wladyslaw Bartoszewski, Miquel Siguán Soler, Manuel Díaz y Díaz, Alvaro Siza, Carla del Ponte, Cees Nooteboom, Helmut Rilling, Vaclav Havel e Jacques Santer. Nesta ocasión, o xurado estivo formado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; o presidente do Grupo Compostela de Universidades; o reitor da USC; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; os reitores das Universidades de Monterrey (UDEM, México) e Telemática UNINETTUNO (Italia), Antonio J. Dieck Assad e Maria Amata Garito, respectivamente; o secretario xeral de Cultura; e a secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, Isabel Lirola Delgado.

The contents of this page were updated on 07.16.2013.