Skip to main content

Segunda videoconferencia do Foro RedEmprendia dedicada á posta en valor do coñecemento

RedEmprendía organiza unha serie de videoconferencias sobre transferencia de tecnoloxía e emprendemento ás que están convidadas a participar todas as universidades socias desta Rede, entre as que se atopa a USC, así como todas as persoas interesadas na creación de empresas baseadas no coñecemento. A próxima cita deste ciclo será o vindeiro mércores 24 cando se celebra a segunda videoconferencia do Foro que protagonizará Eusebi Nomen, director técnico e académico do Centro de Integración de Valor do Barcelona Centre de Disseny, co título ‘Spin-off: canto vale o coñecemento?. Posta en valor e cuantificación de activos intanxibles e innovación protexida’. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar o blog de RedEmprendia.

The contents of this page were updated on 07.18.2013.