Skip to main content

A oferta de másteres oficiais da USC, ao alcance do alumnado en dúas sesións informativas en Santiago e Lugo

O alumnado interesado en cursar o vindeiro curso 2013/2014 un dos 75 másteres oficiais da USC terá esta semana unha oportunidade única tanto en Compostela como en Lugo. Quen o desexe poderá achegarse este martes 18 ao compostelán Colexio de Fonseca e o xoves 20 á Facultade de Veterinaria de Lugo –de 10.00 a 14.00 horas– e alí departir coas persoas responsables de cada un dos posgraos, que lles explicarán os aspectos máis salientables dos títulos apoiados en paneis informativos individuais. A Vicerreitoría de Titulacións e Persoal Docente e Investigador organiza estas dúas xornadas de presentación da oferta de másteres oficiais da USC dirixidas fundamentalmente ao estudantado e profesionais interesados en ir mais aló na súa formación e na súa carreira profesional. 75 títulos A oferta de másteres oficiais da USC abrangue todas as áreas de coñecemento e os tres perfís posibles destes posgraos: académico, profesional e investigador . Así, 15 son títulos de ciencias; 13 de ciencias da saúde; 27 de ciencias sociais e xurídicas; 10 de enxeñaría e arquitectura; e 10 de artes e humanidades.

Relación de másteres oficiais da USC para o curso 2013-2014: http://www.usc.es/gl/titulacions/pop/index.html

The contents of this page were updated on 06.17.2013.