Skip to main content

Rematan as NertdNites deste curso cunha sesión o xoves no CGAC

Rematan as NertdNites deste curso cunha sesión o xoves no CGAC
Rematan as NertdNites deste curso cunha sesión o xoves no CGAC
Desenvolvéronse desde o mes de setembro con grande éxito de público

O vindeiro xoves 20 será a última oportunidade deste curso para gozar, en ambientes lúdicos como bares ou pubs, das charlas de nerds ou nerdines do panorama compostelán acerca do seu traballo, paixón ou loucura, que sempre se relacionan con cuestións científicas. Nesta ocasión a cita será ás 22.00 horas no Kuinatr SCQ, a cafetaría do CGAC, e nela participarán o profesor salvador Bará Viñas coa charla ‘O roubo do século: Por que desapareceron as estrelas?’ e o artista Rubén Ramos Balsa con ‘A obxección de Ernst March ´ña liña do horizonte’. Ademais, se o tempo acompaña, ao remate está prevista unha sesión de observación nocturna con telescopios dende as terrazas do CGAC. A iniciativa, a primeira deste tipo que se organiza en España, tivo tanto éxito de público en todas as súas sesións que os organizadores pensan xa en volver o vindeiro curso.

The contents of this page were updated on 06.14.2013.