A promoción 1983-1988 de Ciencias Empresariais da USC reúnese en Santiago 25 anos despois
A promoción de Ciencias Empresariais 1983-1988 da Universidade de Santiago volverá 25 anos despois á Facultade para compartir recordos desa etapa universitaria. O encontro terá lugar este venres 21 ás 20.00 horas no salón de graos da Facultade e contará coas intervencións da decana Emilia Vázquez Rozas, do profesor José Carlos de Miguel Domínguez e, en representación do ex alumnado, de Lucio Rubio.