Skip to main content

A Orquestra do Espazo de Cámara da USC celebra o Día Europeo da Música cun concerto en Praterías

A Orquestra do Espazo de Cámara da USC celebra o Día Europeo da Música cun concerto en Praterías
A Orquestra do Espazo de Cámara da USC celebra o Día Europeo da Música cun concerto en Praterías

A Orquestra do Espazo de Cámara da USC abre este venres 21 o programa co que o Concello de Santiago celebra o Día Europeo da Música e que contempla diferentes actos nas prazas, rúas, parques e institucións da cidade. A actuación da orquestra universitaria terá lugar ás 12.00 horas na Praza de Praterías (en caso de choiva trasládase ao claustro do Colexio de Fonseca). O Día Europeo da Música é unha iniciativa do Ministerio de Cultura Francés que estableceu que se celebrase cada ano, coincidindo co primeiro día do verán e o máis longo do ano. Un evento no que músicos de todo tipo toman as rúas das súas localidades e utilizan espazos pouco habituais para a expresión musical.

The contents of this page were updated on 06.20.2013.