Skip to main content

Un obradoiro ofrecerá técnicas de relaxación e control do estres

Os próximos días 11 e 16, a Fundación USC Deportiva en colaboración coa spin-off Xuntos Atención Psicológica y Psiquiátrica organizan un obradoiro de técnicas de relaxación e control do estres. Esta é unha iniciativa que se enmarca dentro dun proceso de colaboración de ambas entidades e continúa a liña formativa que desenvolve a Fundación dende comezos de 2013. O Obradoiro desenvolverase en horario de 17.00 a 19.00 horas e dará a coñecer cuestións relacionadas co estres e a ansiedade, ademais de traballar algunhas estratexias destinadas a manexar o nivel de estres excesivo e técnicas de relaxación e de control dos pensamentos negativos. Impartirán a actividade a Elisabet Hermida García, de Xuntos, e Amancio Rial Bouza, da Fundación USC Deportiva. A actividade está aberta a calquera persoa interesada na temática e desenvolverase na Sala de Usos Múltiples da Residencia Monte da Condesa (Campus Vida, s/n). A inscrición, que se irá cubrindo por rigorosa orde de inscrición, está aberta a calquera persoa maior de idade interesada na temática. Para acadar máis información, quen estea interesado/a tamén poden consulta a web www.fundacionuscdeportiva.org ou chamar ao teléfono 881.975.399. Xuntos, Atención Psicológica y Psiquiátrica é unha empresa participada pola Universidade de Santiago de Compostela, dedicada a prestar servizos integrais no ámbito do benestar e a saúde mental baseados en resultados derivados da investigación.

The contents of this page were updated on 07.02.2013.