Skip to main content

A USC asina un convenio coa Fundación Cabaleiro Goás para promover a investigación, formación e docencia no ámbito da cirurxía experimental

A Facultade de Medicina e o Laboratorio de Microcirurxía Experimental do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense promoverán a investigación, formación e docencia no ámbito da biomedicina, e en particular na cirurxía experimental, a través da participación no curso básico de microcirurxía experimental que se desenvolve no hospital ourensán. Para concretar esta colaboración o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, e a presidenta da Fundación Cabaleiro Goás, Eloina Núñez Masid, asinarán un convenio de colaboración este xoves 6 ás 19.00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

The contents of this page were updated on 06.05.2013.