Skip to main content

Aberto o prazo de inscrición na I Xornada Universitaria Galega en Xénero

As tres universidades galegas analizarán en Compostela as repercusións da crise nos roles de xénero

As oficinas e unidades de igualdade das tres universidades galegas organizan en xuño a I Xornada Universitaria Galega en Xénero que terá lugar en Compostela. O encontro, que nace con vocación de continuidade, achegarase aos temas de xénero dende perspectivas distintas cunha visión multidisciplinar. A xornada deste ano, a celebrar os días 20 e 21 de xuño, dedicarase ás repercusións da crise nos roles de xénero. O debate estruturarase en tres áreas temáticas: políticas públicas de igualdade, mulleres e mercado laboral e corresponsabilidade e conciliación, cada unha coordinada por unha universidade. En todas elas haberá unha conferencia convidada, unha mesa redonda e unha sesión póster. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 17 de xuño ou ata que se esgoten as 80 prazas dispoñibles.

Con este encontro preténdese crear un punto de encontro e intercambio para aproveitar as sinerxías do persoal docente e investigador do Sistema Universitario Galego á vez que impulsar o debate sobre os cambios nos roles de xénero. Ademais, procura visibilizar as investigacións relacionadas con estas temáticas e así promover a creación de redes de investigación interuniversitarias e multidisciplinares.

The contents of this page were updated on 06.04.2013.