Skip to main content

Aberta a inscrición no primeiro campionato de atletismo en ruta da USC

O prazo de inscrición para participar no primeiro campionato de atletismo en ruta da USC –que se celebrará o 22 de xuño– permanece aberto ata o vindeiro día 19. A carreira vaise desenvolver conxuntamente coa proba do CorreSan polo Campus Norte. Con saída e chegada na rúa Xoan XXIII terá un percorrido de 5895 metros, dos que boa parte decorrerán no entorno do Auditorio de Galicia e o Burgo das Nacións. Para participar nesta clasificación específica, unha vez feita a inscrición na proba do CorreSan débese enviar un correo electrónico a deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es) indicando a vontade de participar no campionato.

The contents of this page were updated on 06.13.2013.