Skip to main content

As universidades galegas condenan a rebaixa salarial imposta pola Xunta de Galicia

As universidades galegas acaban de facer público un comunicado conxunto dirixido ás súas respectivas comunidades e á sociedade en xeral para expresar o seu “ enérxico rexeitamento” á rebaixa salarial imposta pola Xunta de Galicia, por entendela “un novo ataque ás traballadoras e traballadores públicos de Galicia” que se suma aos xa realizados nos últimos anos. A decisión autonómica, fundamentada en necesidades de axustes orzamentarias, posúe “unha base ideolóxica que persegue a minoración do público en beneficio doutras iniciativas”, sinala o comunicado.

The contents of this page were updated on 06.13.2013.