Skip to main content

A USC e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia asinan un convenio para reforzar a súa colaboración

A Universidade de Santiago de Compostela e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) asinan este luns, 2 de abril, un convenio co que establecer un amplo marco de actuación para colaborar en actividades culturais, científicas, pedagóxicas e de investigación, entre outras. A sinatura terá lugar ás 12.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome e nela participarán o reitor Juan Casares Long e o presidente da Federación, Feliciano Jesús Sola Limia.

The contents of this page were updated on 03.30.2012.