A USC incorpora a súa oferta deportiva cursos de vela
A USC incorpora á súa oferta deportiva para 2011-2012 un curso de vela, grazas a un acordo co Club Náutico Deportivo Barraña que promove a aprendizaxe, perfeccionamento e práctica de vela lixeira. As clases celebraranse na enseada de Boiro, entre a praia de Barraña e o porto de Escarabote, todos os sábado en horario de 14.30 a 18.30 horas. Os cursos serán de duración mensual nos meses de inverno e primavera, cun total de 20 horas e un custe de 45 euros aos que é preciso sumar a licenza federativa, de 16 euros. Máis información na web do Servizo de Deportes.