Skip to main content

Deportes propón para Semana Santa unha ruta de sendeirismo pola montaña central leonesa

A inscrición pode realizarse ata o 30 de marzo

A Área de Deportes da USC deseñou para Semana Santa unha ruta de sendeirismo pola montaña central leonesa, máis concretamente polo concello da Pola de Gordón, que forma parte da Reserva da Biosfera Alto Bernesga formada polos concellos da Pola e Villamanín cunha extensión total de 33.442 hectáreas. A inscrición, que deberá formalizarse na Oficina de Deportes, está aberta ata o 30 de marzo. Serán rutas de dificultade media que, sen ser excesivamente longas, poden ter desniveis fortes en puntos concretos xa que a zona é montañosa. Esta proposta de alto valor paisaxístico, natural e cultural inclúe unha visita á cova de Valporquero e á cidade de León. A saída dende Santiago será o día 5 de abril con regreso o día 8 pola noite. O paquete proposto pola Área de Deportes inclúe a viaxe, a estadía en media pensión e os desprazamentos diarios para facer as rutas cos monitores.

The contents of this page were updated on 03.23.2012.