Skip to main content

Preséntase en Santiago a Asociación de investigadoras e investigadores Herminio Barreiro

Un grupo da Facultade de Ciencias da Educación da USC acaba de constituír a Asociación de Investigadoras e Investigadores Herminio Barreiro a prol da investigación en materia educativa no eido universitario. A asociación presentarase este mércores 28 ás 18:00 horas na Galería Sargadelos nun acto público no que intervirán a súa presidenta, Denébola Álvarez; o decano da Facultade de Ciencias da Educación, Lois Ferradás; e David Barreiro, fillo do profesor Herminio Barreiro.

The contents of this page were updated on 03.27.2012.