Skip to main content

A USC e o Colexio Provincial de Avogados de Lugo asinan un convenio para a impartición do máster oficial en Avogacía

O reitor, Juan Casares, e o decano dos avogados lucenses certificarán a colaboración entre ambas as institucións para a organización desta primeira edición do posgrao

O martes 27 procederase á sinatura do convenio entre a USC e o Colexio Provincial de Avogados de Lugo para a organización da primeira edición do máster en Avogacía. O acto terá lugar ás 17.45 horas na sede do Colexio Provincial lucense (rúa Pascual Veiga, 2) e nel participan por parte da USC o seu reitor, Juan Casares, e por parte do Colexio Provincial de Avogados de Lugo o seu decano, José Félix Mondelo Santos. O máster oficial en Avogacía convértese deste xeito (ademais de constituír en si mesmo unha titulación integrada no Espazo Europeo de Ensino Superior) na vía de acceso á proba de avaliación final acreditativa da capacitación profesional para a obtención do título de avogado.

The contents of this page were updated on 03.26.2012.