Skip to main content

Novo obradoiro fotográfico na USC sobre técnicas de negativos dixitais

A Aula de Fotografía da Universidade de Santiago continúa a organizar obradoiros dirixidos a ampliar coñecementos en diversos aspectos técnicos arredor desta disciplina artística.

Nesta ocasión, o vindeiro día 30 na Facultade de Xeografía de Historia comezará un novo de procesado de arquivos en formato RAW no que se revisarán os programas Lightroom e Camera Raw.

O obradoiro, a cargo de Fuco Reyes, ten unha duración de oito horas a repartir entre os días 30 de xaneiro e 1, 6 e 8 de febreiro, en horario de 19:15 a 21:15.

Calquera persoa interesada en coñecer técnicas básicas e avanzadas en negativos dixitais debe inscribirse na Área de Cultura emprazada na Reitoría. Para máis información poden chamar aos teléfonos 881811103 e 881811018.

The contents of this page were updated on 01.24.2012.