Skip to main content

Permanece aberto o prazo para inscribirse na ruta de sendeirismo que en Semana Santa transcorrerá pola montaña central leonesa

A inscrición pode realizarse ata o 21 de marzo

A Área de Deportes da USC deseñou para Semana Santa unha ruta de sendeirismo pola montaña central leonesa, máis concretamente polo concello da Pola de Gordón, integrada na Reserva da Biosfera Alto Bernesga que forman os concellos da Pola e Villamanín cunha extensión total de 33.442 hectáreas. É unha zona cun alto valor paisaxístico, natural e cultural. A falta de concretar os detalles particulares, serán rutas de dificultade media que, sen ser excesivamente longas, poden ter desniveis fortes en puntos concretos xa que a zona é montañosa. Esta proposta inclúe unha visita á cova de Valporquero e á cidade de León. A saída dende Santiago será o día 5 de abril con regreso o día 8 pola noite. As inscricións xa se poden realizar ata o próximo 21 de marzo ou ata esgotar as prazas. O paquete proposto pola Área de Deportes inclúe a viaxe, a estadía en media pensión e os desprazamentos diarios para facer as rutas cos monitores.

The contents of this page were updated on 03.08.2012.