A muller centra unha mostra bibliográfica na Biblioteca Concepción Arenal

Un ano máis, cada 8 de marzo a Biblioteca Concepción Arenal expón os fondos bibliográficos ingresados cunha temática relacionada con muller, estudos de xénero ou feminismo ao longo do ano 2011. Este ano a mostra ofrece ademais dúas pequenas bibliografías baleiradas da base de datos de Dialnet no ámbito das ciencias xurídicas, ciencias políticas e sociais, cun afán de amosar a vixencia e actualidade dos estudos de xénero.
A exposición, que permanecerá na biblioteca ata o 16 de marzo, conta coas últimas incorporacións de temática feminina, dende a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, o acceso das mulleres a postos directivos ou aspectos lexislativos da igualdade ata historias de protagonistas, biografías de mulleres contemporáneas ou históricas, debates sobre xénero e política, relixión ou economía.