Skip to main content

O grupo de investigación ‘Nomes e voces’ publica un especial sobre a vixilancia e a represión en Galicia

O grupo universitario Nomes e voces acaba de publicar no seu web o especial ‘ A Vixilancia e a represión en Galicia tras o golpe de Estado de 1936’, un novo monográfico de investigación que se une aos xa presentados da exposición ‘Vermellas. Chamabanlles ‘rojas’’ e ‘A xeografía da represión en Galicia (1936-1939)’. Con este novo proxecto profúndase noutro chanzo máis no estudo sobre a represión franquista, neste caso o que converteu os cidadáns en potenciais espías e en potenciais delincuentes. Así, o principal obxectivo é o estudo dos procesos de investigación, vixilancia e control social en Galicia durante os anos da guerra civil, as consecuencias que este feito tivo para a poboación nese momento histórico e as influencias que posteriormente se aprecian entre a cidadanía no intre en que a intensidade desa vixilancia foi menor. O profesor do Departamento de Historia Contemporánea da USC Emilio Grandío Seoane é o investigador principal do proxecto, no que tamén interviñeron o profesor da Universidade de León Javier Rodríguez González, especialista en poder local no franquismo; os investigadores de ‘Nomes e Voces’ Xurxo Pantaleón Cadilla, Mª Jesús Martínez Domínguez e Gustavo Hervella García; os licenciados en Historia Rosalía Regueiro e Manuel Pérez Lorenzo e a licenciada en Xonalismo e máster en Historia contemporánea, Pilar Mera Costas.

The contents of this page were updated on 02.17.2012.