Skip to main content

Un curso de verán rastrexa a presenza da química en cuestións do contorno cotián

Un curso de verán rastrexa a presenza da química en cuestións do contorno cotián
Un curso de verán rastrexa a presenza da química en cuestións do contorno cotián
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2012

A transformación da uva en viño ou os novos materiais farmacéuticos con prestacións avanzadas son cuestións cotiás que se sustentan en procesos químicos. Estes e outros serán os argumentos que se traten no curso ‘Química: A ciencia que envolve as nosas vidas’, unha proposta da Universidade de Verán 2012 que dirixen Pilar Bermejo Barrera e Carmen García Jares do 16 ao 20 de xullo en Compostela. O programa deseñado está recoñecido como actividade homologada de formación permanente do profesorado non universitario por parte da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No seu desenvolvemento teñen cabida sesións teóricas dedicadas ás perspectivas actuais das algas mariñas nos campos medioambiental, alimentario e clínico; a química na alimentación, a enoloxía ou a saúde; a auga como produto químico indispensable para a vida terrestre; a pegada ecolóxica; a relación da química coa medicina forense; ou contaminantes químicos emerxentes de orixe doméstica, entre outras. Ademais realizaranse outras actividades paralelas como unha visita didáctica ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, ás adegas Terras Gauda ou a Conservas A Rosaleira na zona do Rosal en Pontevedra, ademais de dúas xornadas para talleres multidisciplinarios sobre Química.

The contents of this page were updated on 06.18.2012.