Skip to main content

Os cinco Starting Grants e Consolider da USC reciben unha axuda financeira da Xunta de Galicia

Os cinco Starting Grants e Consolider da USC reciben unha axuda financeira da Xunta de Galicia
Os cinco Starting Grants e Consolider da USC reciben unha axuda financeira da Xunta de Galicia
Ata 2014 distribuiranse 820.000 euros entre os investigadores líderes da Universidade de Santiago e o da de Vigo

O reitor da USC, Juan Casares Long, asinou este martes co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, un convenio de apoio aos investigadores universitarios como complemento das axudas que reciben os líderes dos programas Starting Grants e Consolider. Este convenio será subscrito en breve coa Universidade de Vigo. As persoas beneficiadas con estas axudas terán un orzamento de 820.000 euros, a distribuír ata 2014 con 320.000 euros este ano e 250.000 para o vindeiro e o seguinte. Cada un dos líderes das Starting Grants recibirán axudas anuais de 50.000 euros durante tres anos, mentres que para o líder do Consolider será de 70.000 euros durante un ano. Os líderes Da USC beneficiaranse destas axudas Francisco Rivadulla Fernández, do grupo de investigación Magnetismo e Nanotecnoloxía, NANOMAG; Rubén Nogueiras Pozo, de Metabolismo Molecular, adscrito ao Instituto de Investigación Sanitaria; Miguel López Pérez, do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas; e Carlos Salgado López do grupo de investigación Física de Altas Enerxías. Como líder dos Consolider recoñecese a Juan M. Lema Rodicio, que lidera o proxecto NOVEDAR cuxo propósito é minimizar o consumo enerxético e aplicar novos procesos para a solución de problemas ambientais. Os programas O programa Starting Grants do Consello Europeo de Investigación está destinado a axudar á creación de grupos de investigación independentes para novos investigadores que desenvolvan ideas na fronteira do coñecemento. Pola súa banda, o programa Consolider- Ingenio 2010 (do VI Plan Nacional de Investigación Científica do Ministerio de Economía e Competitividade) consiste nun conxunto de accións de fomento e consolidación da I+D, dirixidas a equipos de investigación españois de máxima calidade e recoñecemento internacional.

The contents of this page were updated on 06.19.2012.