Skip to main content

O grupo de investigación Histagra debate en Lisboa sobre a influencia de James Scott

Membros do grupo de investigación Histagra participarán a vindeira semana en Lisboa no seminario ‘James C. Scott in Iberia power, anthropology and history’ no que debaterán con outros grupos acerca da influencia do antropólogo e científico político no eido do estudo dos movementos sociais e as relacións de poder. Algúns dos traballos de James C. Scott (The Moral Economy of the Peasant: Rebellion and Subsistence in Southeast Asia, Weapons of the Weak: Everyday Forms of Peasant Resistance ou Domination and the Arts of Resistance: Hidden Transcripts) marcaron decisivamente o traballo de quen se dedica á investigación social. A Lisboa viaxan Lourenzo Fernández Prieto, Miguel Cabo, Ana Cabana, Daniel Lanero, Araceli Freire e Alba Díaz, que discutirán estudos que a partir de ou en diálogo coa obra Scott procederon a estudos empíricos en contextos ibéricos ou contribucións que toman a súa obra como obxecto de reflexión teórica.

The contents of this page were updated on 04.13.2012.