Skip to main content

O reitor clausura no edificio Emprendia o ‘Curso de Innovación 360º’

O reitor Juan Casares clausura este martes 15 no edificio Emprendia da USC o ‘Curso de Innovación 360º’ da Akademia Bankinter, acción formativa en capital intelectual de carácter intensivo que procura desenvolver as habilidades en innovación dos estudantes, sensibilizar acerca da innovación como unha actitude necesaria para lograr vantaxes competitivas sustentables nas organización e orientar e espertar inquedanza por emprender entre o alumnado. O programa da xornada de clausura comeza ás 16.00 horas mantendo a filosofía do curso no que os alumnado tratan temas de actualidade nunha dinámica de debate que busca estimular a súa capacidade emprendedora. As persoas participantes tamén tiñan que elaborar un plan de empresa. O curso estaba dirixido a estudantes de último ano de carreira, de máster e doutoramento, aos que se lles ofreceu una formación complementaria altamente valorada por empresas e institucións. Con carácter gratuíto, ofertouse a 30 estudantes da USC estando implantado nas mellores universidades de España.

Ademais de docentes seleccionados pola Akademia Bankinter, tamén participa profesorado da institución académica compostelá, que nalgún caso ten incorporado a metodoloxía de traballo do curso ás súas respectivas materias polo seu interese e capacidade. Esta acción baséase nun método de ensinanza innovador que conta con material integramente dixital e un contido de primeiro nivel xerado por expertos internacionais.

The contents of this page were updated on 05.15.2012.