Skip to main content

Artías Teatro inaugura a XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia coa estrea de ‘Memoria de Helena e María’

Artías Teatro inaugura a XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia coa estrea de ‘Memoria de Helena e María’
Artías Teatro inaugura a XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia coa estrea de ‘Memoria de Helena e María’

O teatro universitario será o protagonista da oferta cultural da USC ata finais deste mes co desenvolvemento da XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia da USC. O festival levantará o pano este martes 8 como escaparate da produción escénica no ámbito universitario da comunidade galega. O estreo da mostra terá lugar na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño da USC ás 21.00 horas nunha sesión na que Artías Teatro estreará ‘Memoria de Helena e María’, a partir dun texto de Roberto Salgueiro. A entrada é gratuíta previo paso polo despacho de entradas, onde se poderán retirar un máximo de dous billetes por persoa. O grupo Tiktak tomará o relevo os días 9 e 10 de maio coa obra ‘TIKeTAK, unha historia de amor reloxil’ de Mayra Fernández. A Mostra desprázase a continuación ao Teatro Principal con similar horario. Neste escenario a Aula de Teatro do Campus de Lugo porá sobre as táboas o luns 14 ‘Na túa cara – In yer face’, unha dramaturxia libre sobre textos de L. Carrol e S. Kane. Ao día seguinte, martes 15, o grupo Maricastaña da Aula de Teatro Universitario de Ourense recrea ‘Un novo mundo feliz’, dramaturxia libre a partir de Un mundo feliz de Aldous Huxley. Esta XIII Mostra desenvolverase ata o próximo 31 de maio coa participación dun total de 14 compañías que porán en escena 15 obras teatrais. Esta edición supón ademais o inicio da actividade de tres novas compañías xurdidas a partir da actividade da Aula de Teatro da USC. Para acadar máis información as persoas interesadas poden visitar a páxina da Aula de Teatro da USC en http://auladeteatrodausc.wordpress.com/

The contents of this page were updated on 05.07.2012.