Skip to main content

Unha conferencia achega aos alumnos de ADE as claves para a posta en marcha dunha idea empresarial emprendedora

O relatorio forma parte das actividades organizadas pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento do Campus de Lugo para a motivación empresarial

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento do Campus de Lugo que dirixe Pablo Fontela organiza para os alumnos de Fundamento de Xestión de Recursos Humanos da Facultade de ADE unha conferencia sobre as estratexias e ferramentas necesarias para poñer en marcha dun proxecto emprendedor. A cita é o martes 15 ás 11.00 horas na Facultade de ADE do campus lucense. A conferencia, denominada ‘consolidando equipos emprendedores: avanzando coa idea’, será impartida por Enrique José Gómez Fernández, responsable de proxectos educativos emprendedores de BIC Galicia. Gómez Fernández ten unha dilatada experiencia como docente nas áreas económica, financeira, organizativa e de xestión, ademais de desenvolver o deseño metodolóxicos e de contidos de máis de 50 accións formativas e de traballar como asesor, consultor e orientador para máis de 300 empresas dos máis variados sectores de actividade. Entre os contidos a desenvolver no relatorio están a elaboración dunha folla de ruta para un proxecto emprendedor, a definición dos conceptos ‘idea de empresa’ e ‘idea de negocio’, a consecución e maduración de ideas ou a correcta avaliación dunha idea emprendedora.

The contents of this page were updated on 05.14.2012.