Os cursos de verán de lingua e cultura españolas para estudantes estranxeiros botan a andar no Paraninfo da Universidade
O Paraninfo da Universidade é o escenario que acollerá este martes 10 a inauguración dos cursos de verán de Lingua e cultura españolas para estudantes estranxeiros e os Cursos de formación para profesores de español como lingua estranxeira. O reitor Juan Casares presidirá a sesión a partir das 19.00 horas nunha sesión na que tamén intervirá o alcalde de Santiago, Ángel Currás, e a xerenta de Cursos Internacionais da USC, Lanzada Calatayud. Nesta edición participa alumnado de Estados Unidos, Brasil, Canadá e Arabia Saudí, cuxa primeira actividade académica será a conferencia que impartirá a continuación do mesmo acto inaugural o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, e catedrático de Filoloxía Alemá, Víctor Millet, co título ‘Don’t worry, que malo será. Códigos culturais na aprendizaxe de español’.