Skip to main content

O Servizo de Toxicoloxía do Instituto de Ciencias Forense ‘Luis Concheiro’ da USC colabora coa DGT na campaña de controis preventivos de drogas en condutores

O Servizo de Toxicoloxía do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro da USC será o laboratorio de referencia que vai colaborar coa Dirección General de Tráfico (DGT) nunha campaña en toda España iniciada este mesmo luns 9 para a detección de condutores/as baixo os efectos de algunha sustancia psicoactiva. O equipo que coordina o profesor Manuel López-Rivadulla será o responsable de realizar as probas de laboratorio que confirmen as realizadas polos axentes de tráfico a pé de estrada. No caso dos/as condutores/as cun resultado positivo neste primeiro test, obterase unha segunda mostra de confirmación que se enviará directamente ao laboratorio da USC para a súa posterior análise, sen prexuízo de que o/a condutor/a poida solicitar unha proba de contraste en sangue. Os casos nos que se confirme o resultado positivo, o/a condutor/a será sancionado administrativamente cunha multa de 500 euros e a retirada de 6 puntos do carné de conducir. Se ademais de dar positivo, a persoa ao volante presenta unha sintomatoloxía evidente de conducir baixo a influencia de substancias psicoactivas será posto a disposición xudicial imputada por un delito contra a seguridade vial. A colaboración do equipo de investigadores compostelán prosegue unha traxectoria iniciada hai máis de dez anos para o deseño de dispositivos que permitisen aos axentes da DGT realizar probas na estrada de detección de drogas de abuso en saliva.

The contents of this page were updated on 07.09.2012.