Skip to main content

Debaten sobre a problemática de xénero no Centro de Estudos Avanzados

A xornada celebrouse no Centro de Estudos Avanzados. Foto: Alfonso-Servimav
A xornada celebrouse no Centro de Estudos Avanzados. Foto: Alfonso-Servimav

A Oficina de Igualdade de Xénero organiza este luns 9 no Centro de Estudos Avanzados unha Xornada de Investigación e Xénero na USC. Trátase de dar lugar a un punto de encontro e debate das persoas interesadas e involucradas nesta temática. Inaugurouna a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva; o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; e a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, nunha sesión na que tamén se presentou a actualización do Diagnóstico de Igualdade da USC. A continuación celebrouse a primeira das tres mesas redondas sobre conciliación da vida laboral e persoal na que, moderada pola docente Monserrat Nogueira, participaron María Xosé Rodríguez Galdo, María Dolores Álvarez Pérez, Isabel Diz Otero, Marta Irene Lois González e María Bastida Domínguez, todas elas profesoras da USC. A violencia de xénero foi a temática en torno á que xirou o segundo debate que moderou a coordinadora da comisión de igualdade do Consello da Cultura Galega e profesora universitaria, María Xosé Agra Romero. Interviñeron os e as docentes da USC Rita Radl Philipp, Jorge García Marín, Marta Requejo Isidro, Ramón Arce Fernández, María Sol Rodríguez Calvo e Teresa Moure Pereiro. A xornada continúa pola tarde coa derradeira mesa redonda titulada ‘ Universitarias e mercado laboral’. Moderada por Elena Vázquez Cendón, participan nela a directora de Woman Emprende, Eva López Barrio, e as profesoras da USC Ana María Porto Castro, María José Méndez Lois, Elisa Jato Seijas, María Carmen Guisán Seijas e Sara Fernández López. As conclusións do encontro expoñeraas ás 17.45 horas a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo Lorenzo.

The contents of this page were updated on 07.09.2012.