Preséntase en Lalín a oferta académica e o proceso de matrícula da USC para o curso 2012-2013
O vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago, Francisco Durán, e o profesor da USC e concelleiro de Urbanismo e Vivenda de Lalín, Román Rodríguez, presentarán este martes 24 en rolda de prensa a oferta académica e o proceso de matrícula da institución docente para o curso 2012-2013. A presentación, na que se ofrecerán datos centrados nas comarcas do Deza e Tabeirós, terá lugar ás 12:00 horas na Sala de Prensa do Concello de Lalín (Praza de Galicia, 1).