Skip to main content

Das comarcas do Deza e Tabeirós estudan cada ano na USC preto de 1.000 estudantes

Francisco Román e Durán Rodríguez presentaron en Lalín a oferta académica da USC
Francisco Román e Durán Rodríguez presentaron en Lalín a oferta académica da USC
Presentouse en Lalín a oferta académica e o proceso de matrícula da USC para o curso 2012-2013

Preto de 1.000 estudantes das comarcas galegas de Deza e Tabeirós achéganse cada ano á Universidade de Santiago para cursar estudos. A maior parte deles proceden dos concellos da Estrada, Lalín, Silleda e Vila de Cruces. E aínda que na súa maior parte elixen o Campus de Compostela, aproximadamente o 15 por cento se decantan por titulacións do campus lugués. Tendo en conta o interese dos mozos e mozas desas comarcas polos estudos da Universidade de Santiago, o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, e o profesor da USC e concelleiro de Urbanismo e Vivenda de Lalín, Román Rodríguez, presentaron este martes en Lalín a oferta académica e o proceso de matrícula para o curso 2012-2013

The contents of this page were updated on 07.24.2012.