Skip to main content

Descontos para os membros da USC interesados en practicar vela lixeira este verán

O Servizo de Deportes da USC chegou a un acordo co Club Náutico Deportivo Barraña de Boiro para ofrecer á comunidade universitaria descontos nos cursos de vela que organiza este verán. As persoas interesadas poden apuntarase en dúas modalidades: unha semanal de 20 horas de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 ou de 16.00 a 20.00 horas ou a mensual dos sábados de xullo e agosto de 15.00 a 20.00 horas. Todos eles desenvolveranse na Ensenada de Boiro (praia de Barraña- Porto de Escarabote). Máis información en http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/actconcert/vela.html.

The contents of this page were updated on 07.05.2012.