Skip to main content

Remata este venres a primeira quenda dos Campus Científicos de Verán coa presentación dos traballos

O estudantado de 1º de Bacharelato que, procedente de diversos lugares de España, participou esta semana nos Campus Científicos de Verán 2012 rematarán este venres 6 a súa estadía coa lectura dos traballos de investigación. A presentación dos resultados está prevista para as 10.00 horas na Aula nº 7 da Facultade de Matemáticas. A segunda quenda de estudantes será recibida o luns 9 ás 10.00 horas no Salón de Actos da Residencia Colexio Maior Fonseca polo vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Victor Millet Schröder. Campus Científicos Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola FECYT en colaboración co Ministerio de Educación e co apoio da Obra Social “La Caixa” e coa que a USC colabora a través do seu programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’. Dirixido a estudantes de 1º de Bacharaleto e 4º de ESO de centros educativos de toda España, os Campus pretenden impulsar o interese da xuventude pola ciencia e a tecnoloxía e incentivar o seu acceso en titulacións científico-técnicas. Para iso participarán ata o 27 de xullo en distintos proxectos de investigación cos docentes universitarios que os dirixen. En Santiago este ano ofértanse proxectos relacionados cun sistema de tratamento para eliminar a contaminación das augas residuais, a busca das partículas más enerxéticas do Universo, os musgos e a maxia dos hidroxeles. Coordinada na USC polo profesor Luis Hervella, na actividade participan 56 estudantes que, divididos en dúas quendas dunha semana cada unha en función dos estudos que cursen, terán a oportunidade de asistir e experimentar nestas investigacións.

The contents of this page were updated on 07.05.2012.