Skip to main content

O xadrecista do Club USC Martín Pena Varela, terceiro no Campionato de España s-10

O xadrecista do Club USC Martín Pena Varela, terceiro no Campionato de España s-10
O xadrecista do Club USC Martín Pena Varela, terceiro no Campionato de España s-10

O xadrecista Martín Pena Varela, do club USC, acadou o terceiro posto no Campionato de España s-10 disputado estes días pasados en Salobreña (Granada). Na competición participaron 98 xadrecistas representando a todas as comunidades autónomas. A traxectoria de Martín Pena sitúao como figura prometedora no panorama español xadrecístico. En 2012, ano no que ascendeu de categoría co Club USC sen perder partidas e xogando tamén contra adultos, resultou elixido subcampión galego por terceiro ano consecutivo, empatando a puntos co campión. Facéndose coa maioría dos campionatos que disputou ao longo deste ano, na actualidade lidera en solitario o Circuíto Galego 2012 con 25 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o que o sitúa nunha posición privilexiada para acadar novamente o título de campión a falla de sete torneos para o final.

The contents of this page were updated on 07.05.2012.