Skip to main content

Comeza unha nova edición do Programa de préstamo de bicicletas da USC

Comeza unha nova edición do Programa de préstamo de bicicletas da USC
Comeza unha nova edición do Programa de préstamo de bicicletas da USC

Por sexto ano consecutivo, a Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible (PDS) da USC pon en marcha o programa de préstamo de bicicletas dirixido a todos os membros da comunidade universitaria tanto do campus de Lugo como de Santiago. En total cederanse gratuitamente preto de 300 bicicletas. O prazo para presentar solicitudes comeza o luns, 3 de outubro, ás 09.00 horas e durará ata o día 16 ás 14.00. As persoas que desexen participar terán que cubrir no apartado ‘Como podo participar?’ da web do Programa un formulario que será o que determine, por estrita orde de presentación, quen resulta beneficiario. Xunto coa lista de persoas seleccionadas e de agarda que se farán públicas na mesma páxina web darase a coñecer o día de recollida da bicicleta. Alta participación dos estudantes Na convocatoria do curso pasado 424 persoas solicitaron unha bicicleta. Deles, o 86% eran estudantes, o 6% persoal docente e investigador e o 4% persoal de administración e servizos. A Escola Politécnica Superior e a Facultade de Veterinaria de Lugo e a Facultade de Medicina e de Odontoloxía de Santiago foron os centros que maior demanda presentaron. Descontos para mercar bicicletas A USC asinou un acordo con empresas subministradoras de bicicletas localizadas nos dous campus para ofrecer distintas vantaxes e descontos en adquisición de bicicletas, materiais complementarios para os ciclistas, pezas de bicicletas e man de obra nos arranxos. As persoas interesadas deberán dirixirse a Bicicletas Oliveira, en Santiago de Compostela, e a MTC Bicicletas e Hijos de Félix Latorre, en Lugo, e presentar a tarxeta universitaria. Accións do PDS O Programa de préstamo de bicicletas enmárcase nas diversas iniciativas nas que traballa a Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible para promover actuacións de mobilidade sostible nos campus universitarios. Entre as accións postas en marcha destaca o Programa Comparte Coche na USC que implica unha redución das emisións de CO2 e unha menor incidencia doutros problemas asociados ao tráfico como son a contaminación acústica ou a excesiva ocupación de espazos.

The contents of this page were updated on 09.30.2011.