A mostra fotográfica ‘Israel e territorios ocupados. As consecuencias do conflito’ pode visitarse en Veterinaria

Trinta e cinco paneis sobre 12 temas sensibles de Israel e os territorios ocupados conforman a exposición fotográfica que, dende este mércores 16 ata o vindeiro 25 de febreiro pode visitarse na sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria de Lugo. A mostra, titulada ‘Israel e Territorios ocupados. As consecuencias do conflito’, está organizada por Amnistía Internacional se inaugura na tarde deste mércores. Ao longo da exposición fotográfica, que pode ser visitada en horario de 9:00 a 21.00 horas, analizase o conflito en Oriente Próximo como fonte de violación dos dereitos humanos. Os bombardeos, a transferencia de armas, a liberdade de circulación, a impunidade, os desaloxos forzados, o dereito á auga, a tortura e os malos tratos, mulleres e menores, así como o traballo de Anmistía Internacional sobre o terreo son os eixos temáticos desta mostra.