Skip to main content

A clausura do terceiro curso de especialista en Seguridade Social celébrase este mércores en Dereito

O terceiro curso de especialista en Seguridade Social pechará este mércores 22 o seu período académico nun acto que presidirá a xerenta da USC, Lourdes Batán, e no que o director xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), José Antonio Panizo pronunciará a conferencia de clausura. A sesión comezará ás 17:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito. Deseguido procederase á clausura oficial do curso nunha sesión na que intervirán ademais da xerenta e da directora deste posgrao, a profesora Lourdes Mella, representantes das distintas entidades colaboradoras como a adxunta ao director do ISM de Madrid, Carmen Parrondo; o director provincial do INSS da Coruña, Horacio de Andrés Álvarez; o director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Eloy Jiménez; e a secretaria xeral da Consellaría de Traballo, Cristina Ortiz. Seguindo na quenda de intervencións, tomará a palabra o director provincial do ISM de Vilagarcía, Carmelo Castro, alumno da promoción que intervirá en representación do estudantado. A entrega de diplomas acreditativos precederá á clausura oficial. Contido do curso

Profesores das tres universidades galegas, maxistrados, inspectores e funcionarios das entidades xestoras impartiron o programa docente, no que se abordou a evolución histórica e a xestión da Seguridade Social, os actos de encadramento e réxime económico, os réximes especiais, a seguridade social internacional e comunitaria ou a tutela administrativa e xudicial, entre outros temas.

The contents of this page were updated on 06.21.2011.