Skip to main content

A USC analiza en xullo os incentivos públicos e a empresa galega no contexto de crise actual

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011

Do 19 ao 22 de xullo no Salón de Graos da Facultade de Dereito desenvolverase o curso de verán ‘Os incentivos públicos e a empresa galega. Unha vía para a saída da crise’ que dirixe César García Novoa e que inaugurará o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández. No curso trataranse cuestións como os beneficios fiscais e o seu papel no contexto de crises, as reformas recentes, o cambio de modelo produtivo coa Lei de Economía Sustentable, a responsabilidade tributaria dos administradores na crise, a responsabilidade social das empresas ou a subvención como instrumento de loita contra a crise, con especial referencia ao caso de Galicia. O papel do BIC de Galicia e a crise económica, os instrumentos societarios de financiamento da empresa galega, a internacionalización da empresa española, a reforma do IVE, as modificacións fiscais no Imposto sobre Sociedades, as relacións administración-contribuínte no contexto de crise económica, as medidas fiscais en relación co sector inmobiliario e o fraude fiscal serán o resto dos temas a tratar por expertos de toda España.

The contents of this page were updated on 07.06.2011.