Skip to main content

Campus Vida preséntaselle ao tecido empresarial galego

Continuando coa rolda de presentacións do Campus Vida da USC á sociedade en xeral e, en particular, aos axentes estratéxicos de maior implicación no proxecto, o reitor Senén Barro reunirase este xoves 25 con representantes de empresas galegas.
Na xuntanza, que dará comezo ás 10:00 horas no Edificio Emprendia (esquina da Avenida Mestre Mateo coa Estrada de San Lourenzo), ademais do reitor intervirán o presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga, quen falará da importancia da Universidade compostelá como socio estratéxico para as empresas, e Héctor Alonso Fernández, da Área de Responsabilidade Social Corporativa de Inditex, que explicará con casos concretos o modelo de colaboración desta empresa téxtil coa institución universitaria.

The contents of this page were updated on 02.24.2010.