Skip to main content

O Pindo, O Courel e o Ulla, rutas de sendeirismo para o mes de maio

O Monte do Pindo é o lugar escollido para realizar o sábado, 8 de maio, unha ruta de sendeirismo de dez quilómetros, con desnivel e dificultade media. Dous sábados máis adiante o percorrido será polo Courel, pero esta vez de 20 quilómetros e un pouco máis de dificultade.
Para os que non poidan ou desexen desprazarse tanto, o Servizo de Deportes organiza o 19 de maio unha ruta de dez quilómetros polo río Ulla que partirá pola tarde da Piscina Universitaria.
Para inscribirse en calquera destas actividades os interesados deberán poñerse en contracto coas Oficinas da Área de Deportes, na Piscina Universitaria, ou ben a través do enderezo deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es).

The contents of this page were updated on 04.30.2010.