Skip to main content

A Asociación de Programas Universitarios Norteamericanos en España celebra a súa asemblea de inverno na USC

O encontro inagurouno o vicerreitor Máximo Plo no Centro de Estudos Avanzados
O encontro inagurouno o vicerreitor Máximo Plo no Centro de Estudos Avanzados

A Asociación de Programas Universitarios Norteamericanos en España (Apune) celebra este venres no Centro de Estudos Avanzados (Finca Vista Alegre) a súa asemblea de inverno 2010.
Convidados polas Vicerreitorías de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior e de Política Internacional, Cursos Internacionais USC recibe en Santiago a 47 directores de programas universitarios norteamericanos que departirán sobre cuestións como a identidade cultural, a experiencia de estudar no estranxeiro e as oportunidades para estudantes a través do voluntariado e traballo en programas de prácticas.
Á inauguración do encontro aistiron o vicerreitor Máximo Pló; o vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Jesús A. Casabiell; e a xerenta de Cursos Internacionais, Lanzada Calatayud.
Por parte da USC, relatores como Javier Fernández Agrafojo e José Miguel Andrade Cernadas aproximarán experiencias dos programas lingüístico-culturais dentro da oferta para estudantes estranxeiros. O programa complétase cunha excursión á ría de Arousa este sábado 27 organizada por Turgalicia.

The contents of this page were updated on 02.25.2010.