Skip to main content

A Conferencia Europea Sobre Promoción da Saúde e o Benestar no Traballo conclúe coa elaboración de dúas declaracións sobre estrés laboral e policial

Son un conxunto de recomendacións que se elevarán as institucións con competencias na materia

A Conferencia Europea Sobre Promoción da Saúde e o Benestar no Traballo, que se celebrou a pasada semana en Compostela baixo a coordinación do profesor Manuel Freire-Garabal, concluíu as súas xornadas de traballo coa elaboración da Declaración de Sanxenxo de Estrés Laboral e coa Declaración de Santiago en Estrés Policial.
Ambos documentos representan as conclusións principais das dúas sesións consecutivas organizadas a pasada semana, unha de índole máis xeral sobre ‘Estres Laboral en Europa’, e unha segunda dedicada de xeito particular á ‘Estres Policial’.
No primeiro caso, a Declaración de Sanxenxo ten como finalidade promover medidas que eviten o impacto do estrés no ámbito laboral, de tal xeito que recolle unha serie de recomendacións que se elevarán ás institucións e axentes sociais do ámbito europeo e dos seus estados membros con competencias na materia.
Pola súa banda, a Declaración de Santiago ten por obxectivo diagnosticar a situación de partida e o deseño de actividades encamiñadas a reducir o impacto do estrés na saúde do colectivo policial, recollendo unha serie de accións urxentes para conseguilo.

The contents of this page were updated on 05.31.2010.