A USC proxecta seis títulos representativos da produción documentalista catalá da última década
Aproveitando a eclosión do xénero documental en Cataluña, e co ánimo de levar a lingua e cultura catalás alén das aulas, a Área de Filoloxía Catalá da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Ciclo de Documentais Cataláns que terá lugar do 1 ao 6 de xuño na sede da Fundación Caixa Galicia da cidade compostelá.
O ciclo, que acolle seis títulos representativos da produción documental catalá máis recente, inaugurarao este martes, 1 de xuño, ás 18:00 horas a vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo, e o profesor de Historia do Cinema da USC, Xosé Nogueira, cunha conferencia. A continuación proxectarase a cinta Mirant al cel, de Jesús Garay.
Ademais, en cada unha das sesións do serán ofreceranse coloquios sobre os filmes, conducidos por especialistas e profesionais do audiovisual, e entre os que cómpre destacar a presenza de dous dos directores: Albert Sole, director de Bucarest, la memòria perduda, xornalista e fillo do político Jordi Solé Tura, e Santiago Fillol, director de Ich bin Enric Marco e profesor de cine da Universidade Pompeu Fabra.
Os outros filmes presentados son Mirant al cel, de Jesús Garay; Bucarest, Bolboreta, mariposa, papallona, de Pablo García; La revolta permanente, deLluís Danés; e Mones com la Becky, deJoaquim Jordà e Núria Villazán. Sen dúbida, unha mostra ben representativa da produción documental catalá da última década, que fai visíbeis filmes que só adoitan ter presenza en circuítos alternativos ou festivais de renome.
O ciclo conta coa colaboración do Cefilmus (Centro de estudos fílmicos da Universidade de Santiago de Compostela) e mais o apoio do Institut Ramon Llull e a Vicerreitoría de Cultura.
ProgramaLogo da inauguración, este martes 1 de xuño ás 19:00 horas proxectarase Mirant al cel. Xa o mércores 2será a quenda, ás 16:30 horas, de La revolta permanent, e ás 19:00 de Bolboreta, mariposa, papallona. A primeira proxección do xoves, ás 16:30, será Ich bin Enric Marco e a das 19:00 Bucarest, la revolta permanent, que nesta ocasión contará no coloquio coa presenza do seu director, Albert Solé.
O venres 4 proxectarase no primeiro pase Mones com la Becky e no segundo La revolta permanent. O sábado tocaralle a Mirant al cel e, posteriormente e coa presenza dun dos directores, Santiago Fillol, Ich bin Enric Marco. O ciclo remata o domingo 6 coas proxeccións de Bucarest, la revolta permanent, as 16:30, e de Mones com la Becky, ás 19:00 horas.