Skip to main content

Comezan as conferencias sobre a saúde en universitarios da USC

‘Aula de Saúde’ é a denominación do ciclo de conferencias sobre a saúde en universitarios da USC que comezará este xoves 11 cunha quenda de intervencións sobre a parálise. A finalidade do ciclo é proporcionar información e orientación sobre temas sanitarios de máxima prioridade para alumnos universitarios. Cunha carga lectiva de un crédito de libre configuración, este mesmo ciclo ofrecerase o este ano aos alumnos de todas as titulacións da USC.
A partir das 19:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina da USC, esta primeira sesión do ciclo contará coa intervención, do catedrático José Antonio Castillo, de Miguel Blanco, Manuel Rodríguez-Yáñez, Pedro Ramos e Tomás Sobrino que analizarán a paralise por alteración da irrigación do cerebro, pola dexeneración do sistema nervioso ou posibilidades de rexeneración do sistema motor, entre outras cuestións.
Esta será a primeira dun ciclo de seis conferencias, dúas por mes, que se van celebrar ata o vindeiro mes de maio. Os próximos temas a tratar profundarán nas alteracións xenéticas; desordes alimentarios; ansiedade, estres e depresión; saúde sexual; cancro e tumores.

The contents of this page were updated on 03.10.2010.