Skip to main content

Os socios da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visitan os conventos de Santiago

Os socios da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC) visitan este sábado, 6 de marzo, os conventos de clausura de Santiago na que é unha das actividades que máis interesan cada ano.
O grupo partirá ás 10:30 horas do Convento das Mercedarias (Tránsito da Mercé, nº1) onde visitarán o interior da igrexa e o locutorio. Guiados por persoal da Oficina de Turismo de Santiago, acudirán a continuación ao Convento de Sta. Mª Belvís (monxas dominicas) para coñecer o interior da Capela da Nosa Señora do Portal. Tamén visitarán o antigo cemiterio dos monxes de Santo Domingo (hoxe chamado parque de Bonaval). A ruta rematará no interior da igrexa do Convento de Sta. Clara.

The contents of this page were updated on 03.05.2010.