Skip to main content

A USC participa no I Congreso de Cultura, Tradición e Modernidade que se celebra este venres en Lugo

A vicerreitora de Cultura da USC, Elvira Fidalgo, e o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, participarán no I Congreso de Cultura, Tradición e Modernidade ‘Big 2010. Born in Galicia’ que se desenvolverá este venres 26 dende as 10:30 horas no Salón de Actos da Deputación Provincial e que organiza a asociación Alar Galicia.
O Congreso, ao que asistirán unhas 150 persoas, organízase en tres mesas redondas nas que se debaterá sobre cada dos eixos da xuntanza, cultura, tradición e modernidade.
A vicerreitora de Cultura da USC, Elvira Fidalgo, intervirá na mesa de cultura, xunto a un representante da Consellaría de Cultura. Sobre modernidade falarán o decano da Facultade de Socioloxía da UDC, Antón Álvarez, e o presidente do Padroado da Uned en Lugo e vicepresidente da Deputación Provincial, Antón Bao; e na mesa de tradición estarán os artistas galegos Xoan Curiel e Paco Pestana.
O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, será o encargado de clausurar o congreso ‘Born in Galicia’ ao redor das 14:30 horas. Con este nome, Alar Galicia quixo facer unha similitude co título do famoso disco de Bruce Springsteen ‘Born in the USA’ co obxectivo de reivindicar a cultura, tradición e a modernidade galegas.

The contents of this page were updated on 03.25.2010.