Skip to main content

Textos de Eugène Ionesco e Leandro Lamas Ermida nunha nova sesión do Festival Internacional de Teatro Universitario

‘O porvir está nos ovos’ de Eugène Ionesco e interpretado pola Aula de Teatro da Universidade de Zaragoza será a obra coa que levantará o pano este venres 16 o Festival Internacional de Teatro Universitario en Compostela. A función, como todas as restantes, será no Salón Teatro a partir das 21:00 horas, con entrada gratuíta, previo paso polo despacho de entradas que permanecerá aberto ao público dende as 18:30 horas.
Máis teatro en LugoNo campus de Lugo, este venres toma o relevo a Escola de Teatro de Narón coa representación ‘Comendo pementos de Padrón con Tarantino’ de Leandro Lamas Ermida.
As cita será ás 21:00 horas no Auditorio Gustavo Freire con entrada gratuíta, previo paso polo despacho de entradas que estará aberto ao público dende as 20:00 horas. Ademais, as persoas interesadas disporán de autobuses que sairán ás 20:15 horas da Escola Universitaria de Formación do Profesorado e ás 20:30 horas da Residencia Universitaria Bal y Gay.

The contents of this page were updated on 04.15.2010.