Preséntase en Tui o I Trofeo de Remo Interuniversitario Interrexional
Equipos mixtos das seis universidades da Eurorrexión competirán a mediados de maio en Tui no ‘I Trofeo Interuniversitario de Remo. Barcos Dragón’. Os detalles da competición daranse a coñecer en rolda de prensa este martes 13, ás 11:00 horas nas instalacións do Centro Interfederado do Concello de Tui.
Na presentación, á que asisten os seis reitores das universidades públicas de Galicia e do norte de Portugal (Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Trás-os-Montes e Alto Douro, Minho, Porto), intervirán o alcalde de Tui, Antonio F. Fernández; o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete; o reitor da Universidade do Minho e presidente da Fundación CEER, António M. Cunha; o director da Fundación CEER, Carlos Ferrás; e os deportistas David Cal e Enrique Míguez, campións olímpico e mundial de piragüismo, respectivamente.
Trátase dun evento deportivo único, promovido polo Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) que contará coa participación da comunidade académica da Eurorrexión e que pretende converterse nunha cita anual tendo como referencia a competición internacional Oxford Cambrige.