Skip to main content

A anestesia nos pequenos animais, a análise en Lugo

O xefe de ventas da Área Noroeste do laboratorio Esteve Veterinaria, Alberto Vázquez Rey, impartirá este xoves 15 ás 19:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Veterinaria de Lugo unha conferencia na que tratará a aplicación de anestesia nos animais de pequeno tamaño.
Esta conferencia pecha o ciclo ‘Compromiso das empresas coa formación do veterinario’ que se desenvolveu nos últimos meses na facultade luguesa dentro do programa de actividades para celebrar o seu 25 aniversario.
As xornadas contaron coa participación dunha vintena de profesionais de empresas veterinarias nacionais e internacionais, que abordaron temáticas relacionadas cos coidados, a nutrición e a saúde animal.

The contents of this page were updated on 04.14.2010.